O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, recibiu esta tarde ao equipo ‘Lugo Sala» que o pasado sábado logrou o ascenso á categoría de prata do fútbol sala tras gañar ao Xerez nun ateigado pavillón municipal dos deportes.
Arias felicitou ao club polo éxito acadado gracias a «un proxecto estable dunha directiva seria así como do seu corpo técnico e xogadores, que demostran ter os pés no chan e tras non conseguir o ano pasado o ascenso, mantiveron o seu esforzo para facer coincidir co X aniversario da entidade a súa promoción á segunda categoría do fútbol sala español».
O presidente do club, Marcos Pereira, aproveitou para agradecer o apoio recibido por parte da Xunta de Galicia para «afrontar esta temporada tan crucial». «Un plus de axuda que queremos dar a eses clubs que o están a facer ben e con opcións de chegar ao máis alto, polo que estamos moi orgullosos de sumar así un novo equipo da provincia en altas competicións» remarcou Javier Arias.