O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Casa Museo de Rosalía de Castro, Anxo Angueira, para explorar posibles liñas de colaboración entre ambas institucións en torno á figura de Rosalía de Castro como «patrimonio que é de todos os galegos», sinalou Luis Menor.
Na xuntanza falouse da realización dunha exposición itinerante ao aire libre en varias localidades da provincia centrada na Casa Museo de Rosalía de Castro e a súa actividade divulgadora.
Así mesmo, Luis Menor explicou que froito deste encontro, tamén se contempla realizar o vindeiro ano no Centro Cultural Marcos Valcárcel, unha exposición sobre o patrimonio botánico da Casa Museo de Rosalía de Castro.
No encontro de traballo tamén contemplaron outras posibles liñas de colaboración que teñen como obxectivo divulgar a figura e obra da escritora, así como a súa vinculación con Ourense.