Dende o PP aclaran que “sen dubidar da profesionalidade das empresas externas” matizan que “non son imparciais xa que son parte interesada nos proxectos de peonalización” aclarando que é imprescindible “obxectividade e garantía dunha supervisión pública”
Por este motivo o concelleiro popular Ramón Cabarcos avanzou que o Grupo Popular defenderá unha iniciativa en pleno para abordar e consensuar medidas que poidan correxir as decisións que se están adoptando sustentadas nas mentiras que o goberno local usa de excusa para tapar a a improvisación e falta de planificación.
O edil popular lembra que sta falta de transparencia e falsidades foi unha constante coas obras de peonalización do casco histórico “pasou coa tala das árbores” lembrando como eliminaron moitas delas alegando enfermidade cando non había ningún informe de Medio Ambiente que o certificase”.
“Os intereses dos lucenses, nun tema tan trascendental, non poden quedar en mans dunha empresa adxudicataria é unha práctica que vai contra o modelo socialista” reflexionaban os populares.
Desmontando as mentiras do goberno sobre a peonalización do centro histórico de Lugo
1: Existe a obriga de peonalizar dentro de Murallas
MENTIRA: A Lei 7/2021 unicamente esixe delimitar unha zona de baixa emisión. O casco histórico xa tiña as condicións necesarias sen necesidade de facer obras.
2: As rúas en obras serán peonis
MENTIRA: Os vehículos que dan servizo a residentes, negocios, entidades públicas como colexios, hospital … seguirán circulando por estas vías.
3: A Unión Europea financia integramente estas obras
MENTIRA: A administración europea achega 4.430.502 euros e, por mor da improvisación e dos sobrecustes o Concello terá que poñer uns 5.000.000 euros, que sairán do peto de todos os lucenses
4: Os proxectos foron consensuados a través dun proceso participativo previo
MENTIRA: Esta iniciativa fíxose de costas á cidadanía e sen participación dos colectivos afectados. Non se celebrou ningunha xuntanza ata febreiro de 2023, cando se amosaron os proxectos de obra xa licitados e contratados.
5: Fixéronse modificados a raíz dos problemas de resistencia do teito dos aparcadoiros públicos
MENTIRA: As modificacións nos proxectos debéronse á presión social.
6: Taláronse árbores por enfermidade e priorzaron zonas verdes
MENTIRA: Non existe ningún informe de medioambiente que certifique que se eliminen árbores. A presión social provocou a ampliación das zonas verdes previstas inicialmente nos proxectos.
07: O tráfico rodado nos novos pavimentos non pode superar o 3.500 kg pola resistencia do teito dos aparcamentos públicos
MENTIRA: A limitación de peso do tráfico a 7,5 toneladas nos proxectos non está xustificada tecnicamente. Utilizan un informe feito a medida que limita a carga por enrriba do aparcadoiro de Santo Domingo sxtendendo sen xustificación esta restricción ao resto de zonas do casco histórico onde se renovou o chan.
08: Estaba planificada con anticipación a mobilidade
MENTIRA: O chan previsto nos proxectos impide a flexibilidade dos itinerarios de tráfico rodado. Segundo ou informe técnico, o pavimento NON ESTÁ DESEÑADO para ou tránsito de vehículos especiais, maquinaria ou para futuras necesidades de servizos xa que non ten nin a resistencia, nin a durabilidade necesaria.
A única verdade é que ou NOVO CHAN do centro de Lugo ROMPE e para que non rompa, ou goberno local vai ELIMINAR SERVIZOS e afogar a actividade económica.