A directiva da Federación Galega de Comercio reúnese en Ourense co director xeral de Comercio

por Redacción Ourense

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo esta mañá en Ourense un encontro coa directiva da Federación Galega de Comercio (FGC) que preside José María Seijas, na que se lle informou sobre os proxectos máis inmediatos da entidade en relación á innovación, dixitalización e dinamización do comercio galego.

Nesta reunión, que tivo por anfitriona a Beatriz Gómez, presidenta da Federación de Comercio de Ourense, participaron tamén Miguel Agromayor, presidente da Federación de Comercio de A Coruña; e Iván Iglesias, presidente da Federación de Comercio de Pontevedra; así como outros directivos da patronal do comercio galego.

No transcurso do encontro, entre outros asuntos, puxeron en valor as distintas campañas de promoción que se realizan ao longo do ano, como Días Azuis do Comercio Galego, que se desenvolve ata o 30 de xuño; e outras que se iniciarán a partir de setembro co obxectivo de incrementar as vendas no comercio polo miúdo.

Tamén abordaron outras actuacións contempladas no convenio de colaboración recientemente asinado entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, como o mantemento da Plataforma Dixital Centralizada E-ticket, a Plataforma de Ecommerce Online Comercio Galicia de venda polo miúdo, o asesoramento integral á estructura asociativa comercial e ao emprendemento, e os proxectos formativos en marcha.

Ao remate da reunión, o director xeral de Comercio e a directiva da FGC visitaron as principais rúas comerciais da capital ourensana, analizando a súa situación, necesidades e oportunidades de cara a garantir a súa competitividade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario