Belén Puime prepárase para dar as badaladas con Gayoso

por Redacción Galicia

A segunda convidada de Raíña-me! demostra que está preparada para dar comezo ao novo ano dende a Praza do Obradoiro                      

Xa está na plataforma de Agalega, un novo programa de Raíña-Me!. Nesta nova entrega do programa de máis éxito da Televisión de Galicia, que vén de revolucionar ao público novo, a drag queen Alexa Evans acolle no seu Odragoiro a unha nova invitada, Belén Puime, coa que compartirá confesións, soños, algún que outro reto e incluso uvas!

Belén Puime entra pola porta do Odragoiro de Raíña-Me! para falar coa presentadora Alexa Evans sobre o sentimento de poñerse diante das cámaras e de querer facer cada día unha cousa diferente, sempre dentro do mundo audiovisual. A directora da serie “Pringadas” asume valente o reto de demostrar que pode ser unha excelente drag-queen e aproveita a ocasión para sorprender ao público e declararse candidata para dar as badaladas na canle autonómica galega moi pronto e demostralo uvas en man.

Ademáis de ter un novo programa cada semana na plataforma AGalega, tamén están dispoñibles contidos extras para coñecer máis dos convidadxs que pasan por Raíña-me! nas redes da produtora do formato, Brava, formada por Cristela Torres e Bea Villar, que está a revolucionar o panorama audiovisual galego coas súas producións.

Belén Puime é creadora de contido, directora, e guionista, é coñecida polas súas aparicións en programas da TVG e por ser a creadora da serie galega “Pringadas”, a serie dixital que conquistou a toda a xuventude galega e que está actualmente dispoñible na plataforma Filmin, acadando o fito de ser a primeira serie en galego dirixida por unha muller en chegar a unha plataforma.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario