Incendio nunha nave de maquinaria agrícola no lugar de As Travesas, no Concello de Santa Comba

por 21 Noticias

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba interviñeron sobre as 15:00 horas desta tarde nun incendio que afectou a unha nave de maquinaria agrícola en As Travesas no concello de Santa Comba.

O lume orixinouse nunha pequena parte da instalación na que había diversas ferramentas. O operativo consistiu na súa extinción e na comprobación das medidas de seguridade.

Foto Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario