O PP afea a PSOE e Vilalba Aberta que esixan á veciñanza realizar os desbroces cando teñen os das propiedades municipais sen realizar

por Redacción Lugo

Os concelleiros do PP de Vilalba esixen a PSOE e Vilalba Aberta “que dean exemplo aos vilalbeses antes de esixirlles o que eles mesmos non fan”.

Dende o PP de Vilalba amósanse moi críticos co proceder do PSOE e Vilalba Aberta: “vemos como realizaron varias comunicacións a través das redes sociais instando aos veciños a realizar o desbroce e limpeza das súas propiedades, mentres o equipo de goberno non fai o propio coas parcelas municipais”.

Neste senso, os populares agardan que o goberno de PSOE e Vilalba Aberta non cumpra a súa ameaza de comezar a multar a aqueles propietarios que non limpasen as súas propiedades. “Non sería ético nin xusto que multasen a ninguén mentres as parcelas municipais están sen desbrozar”, afirmaron.

Indican dende o PP de Vilalba que de tomar este camiño, “o goberno local debería de proceder tamén a sancionar ao propio Concello de Vilalba por ter numerosas propiedades municipais sen limpar”.

BRIGADAS FORESTAIS

Os concelleiros populares tamén lamentan que este ano non haberá brigadas forestais en Vilalba. “Preguntamos no pleno e a única resposta da alcaldesa foi que non é competencia do Concello”, sinalaron.

O Concello de Vilalba tiña a posibilidade de contratar brigadas forestais “practicamente financiadas ao completo pola Xunta de Galicia” para realizar traballos en materia de prevención e extinción de incendios, pero non fixeron. “Demóstrase que a alcaldesa nin xestiona nin ten interese en facelo”, denuncian.

Dende o PP de Vilalba lamentan que dende o equipo de goberno “prefiran perder unha nova subvención” mentres o municipio está sen desbrozar. “A súa postura é a de deixar pasar a oportunidade de crear varios empregos en Vilalba, perdendo a oportunidade de formar a varios traballadores nun servizo moi importante para a veciñanza como son as rozas e a extinción de lumes”, criticaron.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario