O PP desvela o contido dun informe de cultura que xustifica a contratación de profesionais de seguridade para este edificio
Enrique Rozas pide ao BNG que aclare os motivos polos que, o goberno local se contradí co que dictamina este documento con data de 2017 e decide, sen ningunha xustificación de peso, prescindir deste servizo a partir deste domingo día 30 de xuño.
No pleno de onte Maite Ferreiro asegurou que “chegaron a conclusión de que non era necesaria a vixilancia profesional no vello cárcere” pese a que no informe que emite a sección de Cultura, Turismo e Promoción da lengua se xustifica esta contratación polo “gran afluencia de público; e a que aconteceron comportamentos que se poden calificar de vandálicos”.
A maiores os populares lembran que hai uns anexos no patio do edificio onde hai pezas de incalculable valor con centos de caixas de restos arqueolóxicos depositados e catalogados polos arqueólogos municpais que proceden de excavacións efectuadas dende o ano 1996.