Ponteareas acolle a festa do motor na previa da XX edicion do Rally Sur do Condado

por Redacción Pontevedra

O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas. Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte do motor

O Concello acolle este próximo sábado a Festa do Motor, un evento enmarcado na previa da XX edición do Rally Sur do Condado e que dará a coñecer os vehículos que correrán representando a Ponteareas. Un total de 13 coches participarán tanto no Rally Sur do Condado como no Rías Baixas co apoio do Concello de Ponteareas.

Estes coches de competición promocionarán Ponteareas lucindo o logotipo do Concello na súa carrocería. Ademais, Ponteareas estará con cada un dos copilotos locais que levarán no seu casco o mesmo adhesivo que os coches de competición aos que subvenciona do Concello.  

O concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez, sinala que por vez primeira o Concello de Ponteareas subvenciona o deporte do motor cunha partida anual de 12.000€ para distintas acciones de apoio e promoción.  

Dende as cinco da tarde o público poderá ver os coches e conversar con pilotos e copilotos na praza Bugallal. Tamén estarán membros da Escudería Rías Baixas e da Escudería Surco, organizadoras do Rally Rías Baixas e Rally Sur do Condado, respectivamente. 

Este último descorrerá os próximos 12, 13 e 14 de xullo por toda a xeografía da Comarca do Condado. Polo Concello de Ponteareas, os pilotos conducirán por un tramo que vai desde a parroquia de Arcos ata o Castro de Troña.

A alcaldesa, Nava Castro, e o Concelleiro de Deportes convidan a toda a cidadanía a achegarse ata a Festa do Motor e coñecer en primeira persoa estas máquinas de competición e aos seus protagonista.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario