Reunión do xurado que escollerá o cartaz do San Froilán 2024

por Redacción Lugo

Escollerá unha obra gañadora entre 40 propostas para o cartas das festas

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá no concello a Bruno López Rodríguez (ELERRE), deseñador gráfico e membro da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Elsa Vázquez Martínez, pintora e profesora no IES de Lalín e a Cándido Díaz Mosquera, profesor e representante da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, que conformaron o xurado que escolleu o cartaz da edición 2024 do San Froilán e do San Froilán Miúdo. Maite Ferreiro explicou que «desde o Goberno de Lugo traballamos nunha nova edición do San Froilán, a gran festa do outono galego, que repetirá os éxitos dos últimos anos».

O xurado escollerá entre 40 propostas presentadas para ser a imaxe do San Froilán 2024. A área de Cultura anunciará nos vindeiros días os premiados, que recibirán un premio de 2.000€ para o creador do cartaz do San Froilán, mentres que a persoa gañadora do concurso do San Froilán  Miúdo, recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.

Maite Ferreiro afirmou que «anualmente coñecemos a gran calidade das deseñadoras e deseñadores co concurso de deseño do cartaz do San Froilán, un certame xa consolidado entre as deseñadoras e deseñadores», e engadiu «tamén vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario