Accidente con feridos no Concello de Outes

por Óscar de Souto

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro xunto co 061, o helicóptero Helimer do 112 ( @HelicoSantiago ), Garda Civil, AVPC Protección Civil de Outes e Ges de Noia en este accidente con feridos no Concello de Outes.

Un condutor resultou ferido nunha saída de vía na estrada de «Riba de Mar», que conecta Noia con Outes. O accidente foi sobre as 20:00 horas cando o condutor perde o control do vehículo no quilómetro 67 desta estrada próxima a estrada principal AC-550. O turismo acabou fóra da estrada e o ocupante estaba semiatrapado e inconsciente, segundo os medios que participaron neste sinistro. Descoñecemos polo momento a gravidade da persoa implicada neste accidente de tránsito.

Foto ADC Boiro.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario