Cecilia Vázquez insistiu para que se garanta a continuidade de todos os graos existentes no Campus Terra de Lugo

por Redacción Galicia

A través dunha proposición non de lei aprobada por unanimidade logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG.

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, a través da que se insta á Xunta a revisar, de xeito consensuado coas tres universidades públicas galegas, o decreto 222/2011 polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais, de xeito que se garanta a continuidade de todos os grados existentes no Campus Terra de Lugo, coa finalidade de xerar confianza na comunidade educativa e nos sectores produtivos relacionados con estas titulacións. Ademais, pídese o deseño de campañas públicas encamiñadas a promover vocacións relacionadas cos perfís profesionais que se ofertan no Campus Terra e nos demais campus periféricos.

A portavoz popular de Educación, Cecilia Vázquez, asegurou que “todos os cambios realizados ata agora no Campus Terra de Lugo foron moi positivos e conseguiron que hoxe sexa un motor de desenvolvemento social e económico para toda a provincia lucense”, ante o que asegurou que “o Goberno galego seguirá traballando para reforzar o Campus Terra”.

DE PERDER ALUMNADO A MEDRAR EN ESTUDANTES

Neste sentido, criticou a exposición de motivos da proposición non de lei defendida polos socialistas galegos xa que “demostra un absoluto descoñecemento da realidade universitaria, porque todos os cambios introducidos no Campus Terra hai uns anos fixeron que pasase de perder alumnado ano a ano a medrar uns 100 alumnos”. “A administración máis involucrada no Campus Terra foi a Xunta, e hoxe vive unha situación tan favorable froito dos investimentos e da planificación feita polo Goberno galego”, engadiu.

Cecilia Vázquez incidiu que esta situación “é o resultado dun traballo transversal, planificado e coherente, no que o mapa de graos e másteres no campus de Lugo refórzase cada ano seguindo o mapa de titulacións, un documento consensuado coas universidades que permite dar resposta ás demandas da sociedade cunha oferta atractiva”. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario