O Mosteiro poderá visitarse de 10:30 a 14:00h e de de 16:00 a 20:00h tódolos días da semana dende o 12 de xullo e ata o 22 de setembro.
A Deputación da Coruña publica hoxe o anuncio de licitación dos servicios de atención dos visitantes ao Mosteiro de Caaveiro durante o verán de 2024.
O Mosteiro de Caaveiro contará con servizos de atención aos visitantes dende o 12 de xullo e ata o 22 de setembro. Así o recolle o anuncio de licitación publicado hoxe, onde se espeficican os horarios de visita, que serán de 10:30 a 14:00h e de de 16:00 a 20:00h tódolos días da semana.
Esta iniciativa parte da área de patrimonio e contratación da Deputación da Coruña, liderada polo deputado Xosé Penas, «para poñer en valor un monumento tan significativo como é o Mosteiro de Caaveiro, en pleno Parque Natural das Fragas do Eume, que é identidade, cultura e historia», apuntou Penas.
«A apertura aos visitantes do Mosteiro de Caaveiro súmase a outras iniciativas que temos en marcha , como os procesos de musealización do mosteiro mediante o percorrido do Reino de Galiza». O obxectivo é «non so dar a coñecer este conxunto patrimonial, senon ofrecer aos visitantes unha atención de calidade, con información sobre este monumento e o seu contexto histórico para convertelo nun enclave turístico nacional».
O Mosteiro de Caaveiro, patrimonio da Deputación da Coruña, alberga un conxunto de edificacións, algunhas xa desaparecidas (Igrexa principal, Igrexa de Santa Isabel, celdas, cabildo, sancristía, pozo, almacéns, arquivo, torre-campanario…), cuxas orixes se remontan ó seculo X, en que se teñen as primeiras noticias da existencia de vida monástica neste lugar.