A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a presidenta da Asociación Antidroga Antonio Noche, Rosa Otero, asinaron no Palacio Municipal de María Pita a renovación de dous convenios nominativos por un importe total de 50.000 para os programas que desenvolve a entidade destinados a persoas en risco de exclusión
“A Asociación Antonio Noche e as súa presidenta, Rosa Otero, son desde hai máis de 35 anos un referente da loita contra a exclusión nesta cidade, en especial das persoas drogodependentes e as súas familias”, dixo a alcaldesa. “Desde o Goberno municipal seguiremos dando o noso apoio e colaborando coas entidades sociosanitarias e sociais da cidade, que levan a cabo un traballo crucial polo benestar da nosa sociedade”, engadiu Inés Rey.
Entre outros servizos, a asociación Antonio Noche ofrécelle ás persoas en risco de exclusión asesoría xurídica, avaliación diagnóstica, información, orientación e apoio individual e familiar. Tamén realizan un importante labor con persoas que están internas en centros penais.