O presidente da Xunta de Galicia agradecéndolles o seu compromiso para que sintan Galicia como a súa casa.
Grazas ao programa Vacacións en Paz, froito da colaboración entre a Xunta e a Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) estes días chegan a Galicia 288 nenos e nenas dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria). A semana pasada, Maite Isla, presidenta de Sogaps, recibiu a Medalla Castelao como recoñecemento ao seu labor á fronte dunha entidade que leva décadas traballando por mellorar as condicións de vida do pobo saharauí.