Dende o PP de Lugo puxeron en valor “a gran calidade” de todos os traballos realizados polos usuarios de Aspnais en todos os talleres, como por exemplo os de carpintería ou cerámica.
A presidenta provincial, Elena Candia, o voceiro do Grupo Provincial, Antonio Ameijide, alcaldes e voceiros do PP na provincia de Lugo coñeceron esta mañá as instalacións de Aspnais en Lugo e os talleres de formación que teñen nesta entidade.
Dende o PP de Lugo quixeron poñer en valor os diferentes talleres que hai en Aspnais, como os de carpintería, cerámica, envasado, gravado, xardinería ou serigrafiado, entre outros, destacando “o gran nivel de calidade” de todos os traballos que realizan os usuarios de Aspnais.
Aspnais é a Asociación Provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual e atende na actualidade a 180 usuarios e conta con 80 traballadores, nun edificio histórico recuperado para este fin.