A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a reunión do Comité Provincial de Coordinación Policial Antiincendios de cara á organización de efectivos na época de maior risco de lumes forestais. Participaron representantes da Administración autonómica, encabezados polo delegado territorial, Javier Arias, así como da Subdelegación do Goberno, Corpo Nacional de Policía, Garda Civil e Policía Autonómica.
A xuntanza serviu para poñer en común aspectos como o despregue do dispositivo de vixilancia e extinción de incendios forestais, a distribución das forzas de seguridade polo territorio, a situación dos 14 puntos fixos de vixilancia e das 38 cámaras de vixilancia instaladas nos montes da provincia, así como outros datos recollidos no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2024.