O CISPAC aproba a incorporación de novo persoal investigador ao centro, procedente das tres universidades galegas

por Redacción A Coruña

O Centro de Investigación Universitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) é unha entidade de nova xeración integrada no Sistema Universitario de Galicia. Comezou a súa andaina en decembro de 2021, co obxectivo de levar a cabo investigacións sobre as paisaxes dende unha perspectiva transdisciplinar que atenda os retos contemporáneos vinculados á sustentabilidade, a identidade, o patrimonio, a participación e a produción.

Na última reunión do Consello Reitor do CISPAC, composto polo equipo directivo e representantes das tres universidades galegas,  aprobouse a incorporación do novo persoal investigador ao centro.  Aos 72 membros actuais, adhírense 44 novos investigadores e investigadoras representantes das tres universidades galegas: 16 da Universidade de Santiago de Compostela, 14 da Universidade de Vigo e 14 da Universidade da Coruña. 

O Consello Reitor valora positivamente este novo proceso de incorporación, no que destaca a traxectoria e prestixio a nivel internacional do persoal investigador, así como unha mellora no balance de xénero no centro. O CISPAC reforza as súas liñas de investigación, formación e transferencia no ámbito das ciencias humanas e sociais.

O vindeiro luns 15 de xuño celebrarase un encontro de benvida ao novo persoal investigador. Estará composto por unha serie de sesións de traballo paralelas segundo o campo temático das investigadoras e investigadores e se analizarán os servizos que ofrece o centro. 

O acto dará comezo ás 10.30 horas na Sala de eventos do Edificio Fontán, e desenvolverá as actividades comentadas ao longo de toda a mañá nas instalacións do CISPAC.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario