Leti da Taberna, actriz revelación en Raíña-me

por Redacción Galicia

última convidada de Raíña-Me deixa o listón alto para a segunda tempada.

O último programa da primeira tempada de Raíña-Me! xa aterrizou na plataforma de AGalega. Este formato rompedor chega ao seu fin… por agora. Nesta nova entrega Alexa Evans vén acompañada dunha persoa que coñece moi ben as redes sociais e as tabernas. Ela foi a creadora da súa propia taberna virtual, e o público rindeuse aos seus pés. Leti da Taberna, a cuarta atrevida en entrar ao Odragoiro e converterse na mellor drag queen de todo o país. 

Leti chega ao Odragoiro con moitas ganas de falar. Acompañada de Alexa, fala sobre o nacemento desa comunidade virtual, o seu humor auténtico, o seu nome artístico e a súa diversión trala pantalla.

Ademáis desta última entrega na plataforma AGalega, están dispoñibles contidos extras para coñecer máis dos convidadxs que pasaron por Raíña-me! nas redes da produtora deste forma, Brava, formada por Cristela Torres e Bea Villar, que está a revolucionar o panorama audiovisual galego coas súas novas creacións. 

Leti da Taberna é unha humorista e creadora de contido en redes sociais que conta cada vez con máis público. Actualmente está xirando co seu monólogo “Enredada” por toda a xeografía galega e, este mes de agosto, lánzase á aventura da radio sendo a nova colaboradora nas tardes da  Radio Galega cunha sección diaria.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario