Alternativa dos Veciños celebrou a romaría anual na Finca Tenreiro de San Pedro de Nós, á que asistiron máis de 1.300 persoas.
O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, agradeceu a todas as persoas asistentes a súa participación na romaría e o seu apoio e confianza, imprescindible para seguir gobernando Oleiros pola senda do progreso e para facer de Alternativa a cuarta forza política de Galicia a nivel municipal, presente nesta lexislatura en 8 municipios.