ADEGA volve ao río Tambre para eliminar especies exóticas invasoras

por Redacción Galicia

Este martes, 16 de xullo, ADEGA realizará accións de xestión e control de plantas invasoras no río Tambre, nos espazos custodiados no marco do Proyecto Fluviatilis: custodia para a resiliencia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, continúa coas actividades de xestión e control da flora exótica invasora. Nesta ocasión, o voluntariado ambiental trasladarase o próximo martes, 16 de xullo, ata o río Tambre, ao seu paso polo concello de Ames, para eliminar Tradescantia fluminensis

Esta actuación será en sesión de mañá dende as 9:30 horas ata as 14:00 horas, e para acudir é necesario inscribirse previamente no seguinte correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal, onde se indique nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto. 

Así, o LIC Río Tambre é unha das zonas de actuación propostas por ADEGA para a realización de accións de control de flora exótica invasora a través de xornadas de voluntariado. Alí, o voluntariado continuará os traballos iniciados en anteriores xornadas para a eliminación de Tradescantia luminensis, especie invasora que está afectando de forma incipiente a diferentes especies de fentos e flora ameazada presente no Catálogo Galego de Especies Amenazas, nun espazo de elevado valor ecolóxico. 

En concreto, para evitar a propagación desta planta, actuarase sobre posibles rebrotes e procederase á súa retirada manual, ademais de realizar un sombreado artificial nas parcelas obxectivo, unha técnica de control mecánico recomendada en variadas publicacións sobre esta especie invasora. 

A xornada terá o seguinte programa e contidos: 

9:30h. Recepción do voluntariado no punto de encontro 

9:45h. Introdución á problemática das EEI nos ecosistemas fluviais

10:00h. Desprazamento á zona de traballo no río 

10:15h. Eliminación de Tradescantia luminensis e sombreado artificial 

12:30h. Descanso 

13:00h. Recollida dos restos eliminados e avaliación da actuación 

14:00h. Fin da xornada 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario