Os días 16 e 17 celébrase un Obradoiro da técnica de Papercut coa ilustradora Paula Mayor e as prazas esgotadas. O mércores 17 dende as 20:30 a Praza de Azcárraga acolle a actuación de Cora Velasco
coa pintora Laura Reimúndez facendo unha obra en directo. O día 31 de xullo inaugúrase unha exposición de debuxos da coruñesa María Maquieira na Casa Museo María Pita
Pasados os eventos multitudinarios que se viviron na cidade da Coruña os pasados días, a sétima edición de Elas Son Artistas ofrece diversas actividades culturais nesta semana e a finais de mes. A Casa Museo Casares Quiroga acollerá os días 16 e 17 un Obradoiro de Papercut impartido pola ilustradora Paula Mayor para o que xa están as prazas esgotadas dende fai días. O mércores 17 a Praza de Azcárraga toma o protagonismo con música e pintura en directo. Será dende as 20:30 horas e con Cora Velasco, que nunha nova etapa da súa xa longa carreira toma o nome artístico de Cora, ofrecerá un concerto a dúo co Carlos Gil ao teclado coas suas novas composicións e algunhas versións. Simultáneamente a xente que se achegue a Cidade Vella coruñesa poderán ver a creación dunha obra pictórica, xusto detrás de onde canta Cora, da pintora Laura Reimúndez. Sempre é unha actividade relaxante e que o público disfruta enormemente nun entorno moi fermoso.
Para finalizar o mes teremos a inauguración da exposición de debuxos da coruñesa María Maquieira na Casa Museo María Pita cunha breve actuación musical dunha artista coa que ten unha conexión moi especial como é Leticia Rey. O horario está pendente de confirmación. A exposición poderá visitarse ata o 30 de agosto.