O alcalde de Pol deixa aos nenos e nenas do municipio sen piscina, probablemente, ata agosto 

por Redacción Lugo

Hai poucos días que o PP de Pol denunciaba que o alcalde aínda non abrira as piscinas municipais e que o único que se sabía era unha publicación na web e nas redes sociais municipais alertando de que estarían pechadas ata novo aviso.

Ante esta situación, dende o PP de Pol preguntouse no pleno pola previsión de apertura desta instalación e as respostas dadas polo alcalde fan presaxiar que abrirán en agosto, no mellor dos casos.

Unha situación na que os máis prexudicados son os nenos e nenas do concello que queren aproveitar o verán para xogar na piscina xa que se trata “dunha das épocas do ano máis agardadas”. “Non podemos entender como o goberno municipal, sendo consciente disto, non se preocupou en ningún momento por ter as instalacións en perfectas condicións e listas para abrir o 1 de xullo, como é habitual”, lamentou Nicole Grueira.

Esta falta de traballo e preocupación deixa aos nenos e aos máis maiores sen piscina durante a maior parte do verán. Isto obriga a que os que poden se trasladen aos concellos veciños, mentres que os que non teñen os medios para facelo teñen que pasar o verán sen poder desfrutar da piscina debido á mala xestión municipal.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario