Xosé Merelles, presentou o I Festival internacional de Maxia de Rúa de Galicia, Ferrol Máxico

por Redacción Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presentaron esta mañá, acompañados dos organizadores Dani Polo e Pedro Bugarín, e o tenente de alcalde do Concello de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, o I Festival internacional de Maxia de Rúa de Galicia, Ferrol Máxico, unha iniciativa que traerá á cidade a cinco magos de gran recoñecemento neste formato que percorrerán durante catro días, do xoves 18 ao domingo 21 de xullo, diferentes espazos de Ferrol.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles eloxiou a capacidade de Ferrol para “idear propostas novidosas, únicas, singulares e con personalidade propia para así promover o turismo urbano” como é o caso do Festival Ferrol Máxico, “unha forma extraordinaria de cultura urbana”, que suma atractivos turísticos a Ferrol. Neste sentido, o director de Turismo de Galicia salientou a crecente capacidade da cidade para atraer viaxeiros. Referiuse, en concreto ao incremento de peregrinos do Camiño Inglés, que está a medrar un 18% e que suma máis de 12.000 peregrinos que recolleron a Compostela.

Ademais, Ferrol foi nos primeiros cinco meses do ano o destino urbano cuxa demanda turística medrou con máis intensidade, en concreto un 29% e recibiu máis de 32.000 viaxeiros, o que supón un incremento do 55%”. Tamén salientou o traballo que a Xunta de Galicia está a realizar para seguir impulsando o destino apoiando iniciativas como a presentada hoxe e tamén con estratexias como o Plan de Sustentabilidade Turística Centro Histórico de Ferrol e Patrimonio Militar da Costa Ártabra dotado con 2M€ ao abeiro do Plan territorial de Cascos Históricos e Vilas Termais deseñado pola Xunta con fondos europeos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario