Cara onde imos. Por Xesús Deus Gende

por 21 Noticias

Nada teño contra quen defende ideas, relixión…ou puntos de vista diferentes ó meu, a non ser claro está que semente odio, homofobia, xenofobia, intolerancia, violencia… O que sempre me resultou moi difícil de dixerir son as faltas de respecto, educación ou comportamentos que non son os máis axeitados dende a miña humilde opinión. Eu sendo republicano,  xá teño que aborrecer a un monárquico, negarlle o saúdo ou míralo coma un bicho raro? Por suposto que non, faltaría máis.

Non son futboleiro, aínda así respecto a quen o é, unha cousa e practicar este deporte para desfrutar, manterse en forma ou sinxelamente pásalo ben, e outra moi distinta que 22 homes correndo detrás dunha pelota en pantalón rabelo que din representar unha nación, dean unha imaxe tan pobre a nivel persoal.  Xente cobrando unha chea de millóns ó ano, con coches, casas, reloxos de luxo, mentres moitas familias non chegan a fín de mes, a verdade, non me chama moito a atención, quen berra máis alto un gol que unha inxustiza pouco di dunha sociedade, dicía un dito romano, sí, deses que conquistaron medio mundo coñecido,” dalle ó pobo pan e circo e teralos tan entretidos que nunca se rebelaran”, dito isto, son profesionais traballando en  “empresas” privadas, polo tanto nada que obxectar, cada quen desfruta do seu como quere, o que si terían que ter en conta algúns destes personaxes, é que  cando vistes as cores dun país estás chegando a unha  porcentaxe moi alta de poboación, por desgraza hai xente tan fanática, que tende a querer facer ou pensar algo como o que lle ven ós seus” ídolos” futbolísticos, de aí a necesidade de medir o que se transmite, unha cousa é o club onde prestas os teus servizos e outra moi distinta facelo nunha selección nacional.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario