PP Lugo: «A falta de dilixencia de Paula Alvarellos nos barrios da Milagrosa e Feijóo, provoca que os veciños non poidan acceder a axudas europeas para a rehabilitación»

por Gonzalo Soto

Elena Candia, Cristina Abades e Ramón Cabarcos compareceron en rolda de prensa xunto a concelleiros, deputados nacionais, senadores e veciños da Milagrosa.

  • Os populares presentaron iniciativas no Congreso e no Senado instando ao Goberno do Estado que amplíe a dotación orzamentaria e os prazos para as axudas de rehabilitación de barrios
  • Candia lembrou que «os distintos gobernos do PSOE en Lugo levan prometendo dende o 2011 a rehabilitación dos barrios da Milagrosa e Feijóo; pero desaproveitaron a ocasión cando si delimitaron o ERRP no casco histórico da cidade en prazo para optar ás axudas europeas»
  • A Xunta de Galicia mantén aberto ata o 13 de setembro o prazo para solicitar axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas, edificios de vivendas e para a elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario