O concello de Rairiz de Veiga (Ourense), pide colaboración para localizar a un veciño desaparecido

por Óscar de Souto

Neste Municipio, preto de Celanova e Ourense, falta dende o venres un veciño de 98 anos, que desaparece da súa vivenda entre as 19:00 e as 19:30 horas, sábado, día 20 de Xullo. Hoxe redobraron esforzos, medios e persoal para dar con el. Padece alzhéimer (segundo a familia), intentarán atopalo antes de chegar a noite.
O Concello de Rairiz de Veiga difunde este aviso nas súas redes sociais e comparte a súa fotografía. Participan na súa procura axentes da Guardia Civil nun operativo coordinado para tratar de localizalo. Neste operativo de procura «URXENTE» participan, ademais de Garda Civíl, drons de Axega, efectivos do GES de Muíños, Protección Civil de Rairiz de Veiga e algúns veciños e familiares. Súmase unha unidade a cabalo e outra unidade especial canina que se despregaron nesta zona frondosa e incluso un particular colabora na procura co seu dron.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario