Novo fracaso de xestión do goberno local: queda deserta a licitación do espazo de hostalaría do CEI Nodus e con esta serían seis os locais deste tipo situados en edificios públicos emblemáticos pechados e sen uso
. A nova licitación, a cal non se presentou ninguén tal e como se reflicte na acta da mesa de contratación do 18 de xullo, saíu por 9.600 € ao ano dando a opción ao adxudicatario de prestar o servizo durante un máximo de 10
· Tras coñecerse que vai quedar deserta e se terá que pechar a cafetería do CEI Nodus a concelleira popular, Mar Carballas, afirmaba que “é responsabilidade do PSOE e do BNG tomar medidas para reverter a situación de abandono de todos estes espazos, de titularidade pública, destinados ao desfrute da cidadanía”
· A popular puxo de manifesto a importancia destas dotacións para activar as zonas onde se ubican manifestando que “o goberno local debería convertelos en espazos para xerar oportunidades de emprego e dinamización económica da cidade e máis en concreto dos barrios onde se ubican en vez de convertelas nun sexan un lastre para o concello”
Tamén manifestaba que resulta chamativo o caso da cafetería panorámica do Vello Cárcere que sigue pechada tras quedar deserto o concurso ata en cinco ocasións o que apunta a que as condicións de explotación non resultan atractivas. Algo que sucede coas cafeterías dos centros sociais de Fingoi ou da Milagrosa que levan varios anos pechadas pese a que os usuarios reclaman este servizo.