Os populares tamén reclaman o impulso de infraestruturas como a nova Comisaría da Policía Nacional, urxen a adhesión ao VioGen e defenden varias peticións relativas á mobilidade
4 PROPOSICIÓNS PARA
PLAN DE CONTENCIÓN GASTO
- Pedir ao ao goberno local que en vez de subir os impostos como anunciou o tenente de alcalde faga un plan de contención para reducir o gasto público. Esto implica unha revisión e reducción de gastos supérfluos para mellorar a economía municipal sen cargar aumentos nos recibos á veciñanza. Consideramos que é preciso poñer coto aos derroches en instalacións inútiles (Caldas do Miño …) e gastos correntes prescindibles (aluguer naves O Corgo para gardar as turbinas da fábrica da luz e os flotadores da praia fluvial que non se van poñer nunca). Hai que lembrar que o Concello de Lugo vén de solicitar un crédito de 13,5M€ para facer investimentos o que supón un endebedamento moi importante que hipoteca o futuro das contas municipais.
MANTEMENTO CENTROS EDUCATIVOS
- A mellora do mantemento dos centros educativos, que é unha competencia municipal, centrará o debate doutra proposición do PP. Nesta iniciativa pedimos un exercicio de transparencia co ánimo de que estén en perfecto estado os colexios de Lugo para o comezo do curso escolar. Solicitamos unha memoria que reflicta as actuacións feitas de arranxos, limpeza … nos colexios así como o seu custe.
SANIDADE E DEFENSA IGUALDADE
- Os populares tamén instarán ao Concello a reclamar ao MINISTERIO DE SANIDADE a necesitade de profesionais sanitarios de atención primaria así como defender a igualdade entre españois e en contra de privilexiar a unhas comunidades autónomas fronte a outras.
4 PREGUNTAS PARA CONSEGUIR AVANCES EN PROXECTOS COMO
COMISARÍA POLICÍA NACIONAL
Ante a falta de novidades sobre o compromiso que fixo a alcaldesa en febreiro, e trala resposta “pouco clarificadora” do Ministerio do Interior sobre a situación do proxecto
O PP preguntará no pleno polo retraso do goberno local para ceder as parcelas necesarias para a construción da nova Comisaría da Policía Nacional de Lugo
O Partido Popular sigue traballando para que “cando antes se cumpra o compromiso do PSOE de construír na zona norte de Lugo unha nova Comisaría da Policía Nacional”.
Co ánimo de presionar para que esta infraestrutura sexa unha realidade no pleno ordinario deste venres preguntarán ao goberno local por que ainda non se elevou a pleno a cesión da parcela que se necesita para executar esta dotación.
TERRAZAS
Pedimos certezas e un bando máis claro que evite dúbidas de interpretación na ordenación das terrazas en Lugo.
Queremos saber que criterio está empregando o goberno local a hora de notificar a supresión das terrazas. Tamén preguntamos pola aplicación do bando municipal, que non ten en conta as singularidades das rúas peonís. Asemesmo solicitamos información sobre cando se publicará a ordenanza que regulará as terrazas e que novidades aportará
MOBILIDADE: 160 PRAZAS DE APARCADOIRO PARADAS
Pasaron dous anos dende que PSOE e BNG anunciaron que ían abrir o aparcadoiro do Fogar de Santa María que conta cun espazo para 160 vehículos. Esta instalación situada na contorna do casco histórico de Lugo é propiedade da deputación provincial e, dende hai 3 meses, conta cun regulamento de uso.
Resulta sorprendente que socialistas e nacionalistas veñan con esixencias a outras administracións cando eles son incapaces de abrir ao público as tardes e fins de semana esta dotación tan necesaria”. Por este motivo solicitamos que se nos informe sobre a data prevista da súa apertura ao público e que tramitacións fixo o goberno local para impulsar a súa apertura.
MELLORAS PISTA VILACHÁ DE MERA
Os populares fanse eco da reclamación da veciñanza de Vilachá de Mera levan anos demandando que se amplíe o Camiño do Pallar. Esta vía, de titulariedade municipal, ten moi pouca anchura o que impide o tránsito de certo tipo de vehículos de grandes dimensións (tractores ou maquinaria agrícola). Os populares preguntarán se en caso de non levar a cabo ditas obras de ampliación, o Concello de Lugo autorizaría que se fixese esta intervención no caso de que os veciños conseguisen financiar a obra por outra vía.