Candia: «¿O goberno local, no proxecto da planta de Coeses, vai facer algo máis que oposición ao PP?»

por Redacción Lugo
  • Hoxe  perderon unha oportunidade para dar explicación dos motivos polos que no ano 2021, cando entrou o proxecto no concello e se informou en menos de dous meses co Nadal por medio, non foron transparentes e informaron á cidadanía desta iniciativa empresarial
  • Os populares tamén consideran “inaceptable que o Concello non emita o informe que se lle requeriu o pasado 15 de maio sobre varias cuestións relativas a este proxecto”. Esta ausencia de resposta, tras casi tres meses de espera, pón en evidencia a falta de compromiso coa veciñanza afectada.
  • Os populares lamentan  a politización, por parte do PSOE e do BNG dun asunto tan importante advertindo de que a demagoxia que practican pon en risco a convivencia veciñal das zonas afectadas por este proxecto
  • Elena Candia durante o pleno defendeu o traballo comprometido, riguroso e documentado feito pola agrupación local:
  • 8 DE XUÑO explicando a exposición pública do proxecto para dárlle a maior difusión
  • 16 DE XUÑO explicamos o posicionamento do Grupo Municipal
  • 24 DE XUÑO poñéndonos a disposición da veciñanza para asesorar na elaboración de alegacións.
  • 26 DE XUÑO o Grupo Municipal rexistra 6 alegacións claras e contundentes sobre o proxecto da planta que permitiron aos veciños saber, sen lugar a dúbidas, que a agrupación local respalda as súas preocupacións.
  • 27 DE XUÑO presentamos unha proposición no pleno do Concello de Lugo para que se estimasen as alegacións presentadas e que conforme a lei sexan atendidas e tidas en conta. Temos que dar as grazas ao PSOE e ao BNG que votou por UNANIMIDADE esta iniciativa.
  • 11 DE XULLO defensa dunha Proposición non de lei na Comisión 2 de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos. Agradecemos o voto favorable do PSOE e nos deixa de  sorprender a abstención do Bloque Nacionalista Galego que cambiou, en tan só uns días,  o sentido do voto xa que se trataba da mesma petición formulada no pleno do concello de Lugo.

“Este é o traballo que fixemos, con compromiso, sen faltar á verdade e con documentos de por medio” resumía a popular.

  • Por último a popular desmonta outra mentira do goberno local que os acusou de utilizar información privilexiada, en relación ao informe de Saúde Pública que se deu a coñecer nos últimos días.  Hai que lembrar que o acceso a este documento foi, en calidade de deputada, exercendo o dereito que teñen todos os cargos públicos de calquera partido político en base ao artigo 9 do regulamento da cámara.

PAZO DONA URRACA

Case catro anos tardou o goberno local en impulsar o convenio para recuperar o Pazo de Dona Urraca e que hoxe, por fin paso o trámite do pleno do Concello.

É lamentable a falta de xestión do goberno local con este proxecto para recuperar un espazo icónico en A Tinería.

O Partido Popular pide ao PSOE e ao BNG que en vez de hacer oposición ao PP dediquen as súas enerxías en axilizar os trámites municipais para promover actuacións neste barrio.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario