Localizan o corpo sen vida dun octoxenario nas vías do tren en Salvaterra de Miño

por Óscar de Souto

A Garda Civil coordinaba desde primeira hora da tarde un operativo de busca na zona para localizar a persoa desaparecida, neste operativo tamén participou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ponteareas, na provincia de Pontevedra.

E as 19:30 horas, un particular informou ao 112 de que acababan de atopar a esta persoa nas vías do tren, no lugar da Barca, pertencente á parroquia de Porto. Xa durante a chamada, o alertador apuntaba a posibilidade de que estivese falecido.
Informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e ós voluntarios de Protección Civil de Ponteareas sobre este achádego.

Nese momento, o persoal de ADIF comunicou que procedía a cortar a circulación ferroviaria no punto, o que se prolongou mentres duraron os traballos dos servizos de emerxencias.

Finalmente, os servizos sanitarios, que se desprazaron ao lugar dos feitos a bordo dunha ambulancia, só puideron confirmar o falecemento do home.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario