O Concello da Coruña e a Fundación Juan Soñador, colabora un ano máis no desenvolvemento de proxectos de apoio a persoas migrantes a través de dous convenios de colaboración que ascenden a 48.000 euros entre ambas iniciaivas. A alcaldesa, Inés Rey, e a directora territorial en Galicia da Fundación Juan Soñador, Eloina Ingerto, puxeron en valor a importancia da colaboración público-privada en materia social.
Rey e Ingerto rubricaron o texto de convenio polo que o Concello achegará un total de 30.000 euros para o desenvolvemento do programa de inserción sociolaboral dirixido a persoas migrantes en situación vulnerable. O proxecto consiste na oferta de itinerarios prelaborais de inserción para conseguir que as persoas migrantes con especial vulnerabilidade sociolaboral adquiran competencias sociais, formativas e persoais que lles axuden a iniciar un proceso de mellora de cara a súa empregabilidade. A alcaldesa, destacou a formación transversal en materia de dereitos e deberes cidadáns así como de reforzo da autoestima e potenciamento das redes de apoio, como impulso á inserción social e a unha maior empregabilidade.
De xeito paralelo, a Fundación Juan Soñador puxo en marcha o proxecto Círculos de Mulleres Malaikas para o apoderamento feminino das mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade. O Concello colabora co proxecto achegando un total de 18.000 euros para o desenvolvemento da súa actividade.
Neste ano 2024, o Goberno de Inés Rey recolle nos Orzamentos Municipais preto dun cento de convenios nominativos con entidades sociais para o apoio da actividade do terceiro sector da Coruña, por un importe superior aos tres millóns de euros.