A Xunta colabora co Concello de Monterroso para mellorar a vía de acceso ao núcleo de Sandolfe

por Redacción Lugo

O Goberno galego achegou financiamento para executar a obra, que tivo un orzamento de 24.100 euros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado dos traballos xunto co alcalde de Monterroso, Eloy Pérez.

A intervención centrouse en dotar o camiño dunha nova capa de rodaxe adecuada ao seu uso, corrixindo os problemas que presentaba o firme e mellorando a seguridade e a comodidade para os usuarios.

Arias sinalou que a Xunta traballa de forma conxunta cos concellos para mellorar infraestruturas e servizos municipais. Neste caso, os traballos financiáronse con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental do 2024, que conta con máis de 11 millóns de euros de orzamento.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario