Atopan o corpo sen vida da muller desaparecida o pasado sábado en Cambados

por Óscar de Souto

Os axentes de Garda Civíl confirmaron que o corpo localizado esta mañá nunha leira de Corvillón, en Cambados, pertence a Diley A. G. de 78 anos, asturiana, que se perdeu mentres realizaba unha excursión coa súa familia.

O aviso sobre a localización do cadáver recibiuse as oito desta mañá cando unha persoa observou o corpo dunha muller tendido nunha leira do lugar da Modia. Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil. De feito, foron os efectivos do corpo de seguridade quen pouco despois confirmaron que se trataba da mesma persoa, que estaba en proceso de busca cando o pasado sábado, durante unha excursión, ausentouse para ir ao baño. Esta foi a última vez que a familia tivo contacto con ela.

A partir de aí, os axentes da Garda Civil comezaron un proceso de busca, do que informaron a través do 112 , o mesmo sábado ás 22:00 horas. Nese momento, avisouse aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados, que se sumaron á busca.

Foi esta mañá, cando outra comunicación alertaba da localización dun cadáver, que resultou pertencer á mesma muller asturiana que estaba desaparecida.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario