Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria, luns 29 de xullo

por Redacción A Coruña

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este luns do estado actual da recollida de lixo, así como das incidencias vandálicas que se están a producir.

Neste sentido, a alcaldesa avanzou que o Concello está a preparar unha denuncia que presentará este mércores ante a Fiscalía Provincial para instar á investigación dos feitos acaecidos nas últimas semanas, concretamente desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, coa queima de 147 contenedores nos diversos distritos da cidade, actos que, ademais de implicar uns custos de case

400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños, como vehículos particulares e incluso un inmoble.

“Falamos de actos vandálicos dunha violencia extrema. Queremos que se determine quenes son os responsables e que o peso da Lei recaia sobre eles. Pagarán por estes feitos delictivos que son intolerables en calqueira circunstancia e en medio dun presunto conflicto laboral”, apuntou esta mañá a alcaldesa.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na súa cuarta xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolliu un total de 40 toneladas de lixo orgánico, inorgánico e tamén voluminosos, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 238 toneladas de lixo, atendendo ao cómputo total correspondente ao xoves, venres, sábado e domingo da semana pasada.

Balance de incidencias na pasada xornada

No pasado turno de noite rexistráronse catro incidencias asociadas á queima de contenedores. A primeira, ás 18.30 horas deste domingo 28, cun colector queimado á altura do número 24 do Camiño da Igrexa, en Monelos. Xa pola madrugada, ás 2.27 horas, notificouse un incendio en outro colector na avenida Gran Canaria, en Labañou. Posteriormente, ás 5.05 horas, os profesionais do servizo de Bombeiros tiveron que intervir en dous colectores afectados nas rúas Eugenio Carré Aldao e Ramón Cabanillas, nos Mallos.

Tamén este domingo, ás 18.30 horas, os Bombeiros actuaron á altura do número 20 da rúa Francisco Catoira ante un incendio que se rexistrou nunha bolsa de lixo, a carón doutro colector.

Ningún traballador da empresa concesionaria secundou a folga

Onte, primera xornada da folga indefinida no servizo de recollida de lixo, ningún traballador secundou a folga, segundo a concesionaria. Con todo, as porcentaxes de lixo recollido polos operarios da concesionaria foron, novamente, moi baixas ou inexistentes, cun claro impacto en zonas como Os Mallos, Matogrande – Eirís, a contorna de Mesoiro, Feáns e Valaire, e tamén en barrios como a Sagrada Familia, os Rosales e Labañou.

Cómpre destacar que, ademais de que non houbo seguimento da folga por parte dos operarios da empresa concesionaria, tampouco se cumpriron os servizos mínimos.

Ademais, a concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero, notificou que 67 traballadores presentaron partes de baixa nos últimos días. Todos estes feitos tamén se porán en coñecemento da Fiscalía.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 20%

Cidade Vella: 35%

Pescaría – Centro: 85%

Os Rosales – Labañou: 5%

Estadio: 80%

Ventorrillo – Agra do Orzán: 10%

Sagrada Familia: 5%

A Sardiñeira – Elviña: 10%

Os Mallos: 0%

O Castrillón: 20%

Os Castros: 5%

Matogrande – Eirís: 0%

Mesoiro – Feáns – Valaire: 0%

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario