O PP celebra a rectificación do PSOE de apoiar Altri se cumpre coa legalidade e os informes medio ambientais son favorables, deixando só ao BNG 

por Redacción Lugo

Os populares dan a benvida a José Tomé e ao PSOE «á racionalidade» xa que agora aseguran que apoiarán esta iniciativa empresarial sempre que cumpra con toda a legalidade vixente, «tiveron que mudar a súa postura e aceptar o que sempre defendemos no PP, se unha iniciativa empresarial cumpre a legalidade hai que apoiala»

  • Os deputados populares destacan que mentres a Deputación de Ourense liderou un proxecto de captación de fondos europeos para mellorar o ciclo da auga en 79 municipios desa provincia, o PSOE e o BNG en Lugo «miraron cara outro lado no pasado e neganse a facer nada no futuro»
  • Os populares lamentan que socialistas e nacionalistas votasen en contra de reclamar ao Goberno do Estado un trato igualitario para todos os españois xa que «rexeitaron denunciar os privilexios que se dan a Cataluña fronte fronte ás restantes comunidades, unha decisión do PSOE en Madrid, avalada polo BNG»
  • Ante a saída da Deputación de Lugo de Xestur, Antonio Ameijide pediu unha «política industrial seria» para «non botar aos inversores fóra da provincia» polo que convidou ao goberno de PSOE e BNG a investir os 716.000€ que reverterán nas arcas provinciais en facer «unha política industrial seria e real en Lugo»
  • O alcalde de O Incio, Héctor Corujo, tomou hoxe posesión como novo deputado do Grupo Provincial Popular e participou do seu primeiro pleno na Deputación de Lugo

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario