Durante o mes de agosto o artista levará a súa música a Seúl, China e Taiwán
O artista galego Marcos Coll estará de xira polo continente asiático durante a maior parte do mes de agosto.
A súa primeira parada será na capital de Corea do Sur, Seúl, onde participará por sexta vez no SIHF – Seoul Int’l Harmonica Festival, un dos mais prestixiosos festivales de harmónica do mundo. Dende alí viaxará a China para participar na 14º edición do APHF – Asia Pacific Harmonica Festival, sen dúbida o festival de harmónica máis coñecido de todo o continente, con participación de recoñecidos interpretes internacionais. A xira finalizará en Taiwán, no THMF – Taiwan Harmonica Music Festival, evento organizado polo grupo máis emblemático do país, Sirius.
Estas actuacións serán emitidas por televisións de carácter nacional en cada un dos territorios. Coll tamén impartirá varias masterclass de música latina e galega, ademais de ser xuíz nos moi populares concursos de harmónica que se celebran no continente, onde este instrumento é infinitamente máis popular que en Occidente. Participarán persoas de todas as idades e cun nivel moi alto, xa que os harmonicistas son considerados verdadeiras estrelas, ben sexa en estilos tradicionais ou no jazz coma en estilos máis modernos como o K-Pop.
Nas galas e concertos dos festivais mencionados, Coll presentará moitas das cancións do seu último disco «Nómade», producido por Depedro, facendo moito fincapé na música folk-galega. As súas orixinais cancións, cun inconfundible sabor da terra —como «Teu Agruo» ou «Solteiriña quen me dera»— farán que o público baile no outro cabo do mundo.