O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá o circuíto Jorge Prado para dar a benvida a varios pilotos que esta semana fan uso das instalaciónsxestionadas por MotoPark Lugo para os seus adestramentos preparatorios das distintas probas nas que participan ao longo do ano.
Entre estes deportistas, que adestran desde hoxe e ata o vindeiro domingo, figura a entrenadora Gabriela Seisdedos, cunha destacada traxectoria na que resalta o título de campioa de España en Motocross.
Arias lembrou “o apoio que desde o Goberno galego se brinda a MotoPark nas actividades que desenvolven durante todo o ano, que xeran un retorno económico na cidade e consolidan o posicionamento deste circuíto, homologado internacionalmente para as probas do mundial deste ano”.