Onte xoves, 1 de Agosto de 2024, en San Fins do Castro, na parroquia de Cesullas, este ano o campo da festa quedou moi pequeno, era festivo local no Concello de Cabana de Bergantiños, día do Patrón deste municipio da Costa da Morte, espectacular festa, romería ancestral con tradicións anteriores o cristianismo, como o culto a auga sanadora e curativa desa fonte máxica, o culto a natureza e a esa feiticeira carballeira, no día de culto o sol mítico ( principios do mes de agosto), e ese berro seco que tamén poidera ser un berro de guerra transformado polo sacerdote pontevedrés Saturnino Cuiñas Lois, no século pasado nun berro sagrado e festivo, un cura folclorista que impulsou con moita sona esta festividade antiga.
Festa que resucita con máis forza que nunca, pois deron comezo as festas patronais na honra a «San Fins do Castro» e de «A Nosa Señora dos Remedios», festa declarada de interese turístico.
O Concello publicou na súa páxina nas redes sociais : – «Durante a xornada puidemos gozar das dianas e alboradas, da misa cantada pola Coral de Cesullas e de moita música da man da orquestra Miramar ou de distintas charangas.
«Un orgullo para moitos que esta romaría tan nosa volva a estar no podium das festas tradicionais de Galicia como sempre mereceu tan importante acto de fe relixiosa e de culto polas nosas tradicións milenarias.
Mañán seguirán con máis festa e máis actividades.
Fotos Concello Cabana de Bergantiños