Comeza a disputarse o 37º Torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol

por Redacción Deportes

O sistema de competición será por eliminatorias a un único encontro a disputar nos campos de fútbol Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.

Os dous conxuntos vencedores quedarán emparellados nunha das semifinais. A outra medirá a Sporting Laracha e Canteras El Pozo de Soandres, que quedaron exentos na rolda previa. Eses partidos xogaranse o sábado 10 de agosto.

A final do 37º torneo de peñas de fútbol “Concello da Laracha” será o sábado 24 de agosto ás 19:00 h no campo Municipal da Laracha.

En todos os casos a entrada para o público é libre e gratuita.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario