Elena Candia respalda o proxecto da Fundación VACAN «cuxo obxecto é preservar e conservar o legado de Vázquez Cereijo»

por Redacción Lugo

A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, e o concelleiro Agustín Gallego visitaron a sede da Fundación VACAN un proxecto que nace co obxecto de conservar e difundir o legado do artista José Vázquez Cereijo

Candia dixo que considera moi interesante esta iniciativa avanzando que conta co respaldo do seu grupo xa que «este espazo non só preserva a memoria e o talento de Vázquez Cereijo, senón que tamén podería favorecer a investigación e a creatividade» engadindo que «iniciativas como estas enriquecen a Lugo e manteñen viva a nosa identidade cultural».

O espazo, que se acondicionou  nuns locais situados na Rúa del Prado, mostra pezas da súa obra e tamén obxectos da súa colección privada. Entre os tesouros que puidemos ver hai gravados, xoguetes antigos, libros infantís, partituras e outras moitas curiosidades relacionadas coa cultura galega do xéculo XX e XIX.

A popular destacou a importancia de descentralizar a cultura e levala aos barrios como o da Milagrosa, onde se precisa fixar actividade e poboación

Durante a visita, Anne Nikitik,  encargada de promover e custodiar toda este patrimonio fixo de guía e compartiu connosco que «outro propósito da Fundación VACAN é impulsar actividades de estudo e investigación en todos os campos da cultura, especialmente no da pintura, o gravado e a poesía».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario