As Festas de María Pita reúnen este martes a Modestia Aparte, Los Toreros Muertos, Amistades Peligrosas ou OBK

por Redacción A Coruña

O Festival Locos pola Música comezará ás 20.30 horas.

As Noites de María Pita acollerán este martes unha nova edición do festival Locos pola Música, un certame que reúne cada ano a diferentes formacións musicais da década dos anos oitenta. O Goberno de Inés Rey, dentro da programación das Festas de María Pita, configurou actuacións musicais para todo tipo de públicos e idades.

Nesta edición do certame actuarán na praza de María Pita, a partir das 20.30 horas, os grupos Modestia Aparte, Los Toreros Muertos, Amistades Peligrosas, OBK, Un Pingüino en mi Ascensor e Hechizo (Homenaje a Héroes del Silencio). O público poderá rememorar grandes clásicos da música nacional como ‘Como te mueves’, ‘Mi aguita amarilla’ o ‘Historias de amor’.

A celebración do festival Locos pola Música pechará a primeira etapa das noites de María Pita, que acolleron desde o día 1 de agosto os concertos de Kate Ryan, Mocedades, Los Panchos, Los Planetas, Rock en Familia e Omar Montes. Agora, haberá unha pausa pola celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia e pecharán esta sección das Festas de María Pita La Plazuela, Ariel Rot e Budiño.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario