A directora galega Alicia Úbeda dirixe a Luis Zahera e Sara Ferro en Ratiña

por Gonzalo Soto

Alicia Úbeda roda este verán en A Coruña a súa primeira curta de ficción, Ratiña. Esta obra, coproducida polas produtoras Brava e Mordisco Films, supón o inicio da directora neste novo formato para ela. Protagonizada por Sara Ferro e Luis Zahera, Ratiña, trata sobre como unha nena de nove anos xestiona na súa casa o bullying que sofre na escola desde unha cara menos coñecida das consecuencias destas situacións: a soidade que provoca non ter as ferramentas para pedir axuda na casa.

Alicia Úbeda (A Coruña, 1995) gradouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid, con título honorífico na súa promoción, e diplomada no Máster en Produción Executiva da Universidade da Coruña. Algunhas das súas obras son Náufragos (2016), Sueño (2016) e Memoria de un baile (2019), todas curtas documentais. Así, Ratiña é a súa primeira obra de ficción como directora, estreándose así cun proxecto especialmente íntimo e persoal. Á vez, continúa có guión da súa primeira longametraxe, Chorima, que vén de recibir este ano a axuda á escrita de guión da AGADIC. E traballa xa na produción da súa segunda curtametraxe, Garabato, tamén coa produtora Brava, obra coa que xa consegui un destacado percorrido por eventos como o Conecta+, foi finalista do NoTodo-Desde Otro Prisma e tamén participou na I Residencia do FicBueu.

Brava, produtora emerxente liderada por Cristela Torres e Bea Villar, métese así nun novo proxecto este 2024, mentres sigue producindo diversos formatos para a plataforma da Televisión de Galicia, AGalega, como Raíña-me! de Álvaro González ou a segunda tempada de Pringadas de Belén Puime. Tamén está traballando xunto á equipa de Delirio Sketches, proxecto gañador do Premio a proxecto do Carballo Interplay e que se estrenará na próxima edición do festival, en abril de 2025 en Carballo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario