Os oficios de pratería e acibechería forman parte da esencia mesma da cidade de Compostela. Sendo gremios que levan presentes na cidade desde a súa fundación, anteriores á propia Catedral, se encontran indisolublemente unidos á personalidade da cidade e do Camiño de Santiago. Constitúen un emblema identitario, un orgullo de cidade.
A S.D. Compostela, como símbolo deportivo da cidade, e clube que leva suscitado as meirandes movilizacións sociais de Santiago, e o gremio que agrupa a asociación de “Ourives de Compostela”, poñen en marcha un proxecto de posta en valor destes oficios intrínsecamente composteláns, cunha estratexia de difusión cultural e deportiva.
Con tal finalidade, se poñen en marcha diversas iniciativas, encabezadas por una equipación oficial da S.D. Compostela para a tempada 2.024/2.025.
Unha camiseta oficial dos equipos da Sociedade Deportiva Compostela da tempada 2.024/2.025 será de cor acibeche (negro e negro brillante). Coa denominada equipación acibeche, a S.D. servirá de escaparate e promoción dos oficios do gremio.
Esta camiseta será a utilizada nos desplazamentos do primeiro equipo lonxe da cidade, así como en algún partido xogado no estadio Vero Boquete de San Lázaro.
A camiseta inclúe de xeito visible un símbolo habitual das obras dos acibecheiros como é una cuncha de vieira.
Será posta á venda nos puntos oficiais habituais do clube, acompañada da pertinente explicación do seu deseño, e dun díptico explicativo dos oficios propios dos ourives.
Asemade, cada comprador da camiseta oficial recibirá un pedazo de acibeche en bruto.
Isto reforzará o coñecemento da acibechería entre os visitantes, ademáis de incrementar o valor simbólico e identificativo do oficio entre os propios afeccionados santiagueses.
Como queira que nen a camiseta nen o obsequio son productos consumibles, senón perennes, a súa capacidade de promoción perdurará no tempo.
-Dentro do proxecto, en cinco dos partidos oficiais que o primeiro equipo da S.D. Compostela dispute fora de Galicia, a visita deportiva do Compos irá acompaña, o día de partido, dunha exhibición de acibechería na praza maior da respectiva cidade, moi probablemente Valladolid, Santander, Ávila, Salamanca e Avilés.
Nas devanditas exhibicións, os visitantes recibirán un recordo de acibeche, ao xeito en que se distribuiron xa milleiros de exemplares nas feiras internacionais de turismo celebradas en Madrid, Barcelona, Bilbao ou Valladolid no pasado ano 2.023. Deste xeito se logrará un impacto promocional da cidade, da provincia e de Galicia con alta permanencia no tempo, máis alá de acción puramente promocionais.
– A iniciativa é posible grazas ao apoio des tres Administracións, a Axencia de Turismo de Galicia, A Deputación provincial e o Concello de Santiago.
No acto de presentación da camiseta, hoxe martes, nun taller de acibechería da Praza da Inmaculada, Enrique Fink amosou o orgullo que supón “que o Compos faga súa a cor do acibeche, para ser embaixador da cidade e dun símbolo tan picheleiro. Continuamos implantando o Plan estratéxico aprobado en 2.019 para salvar estes oficios, e iniciativas como esta son de enorme relevancia para nós, polo que suponen de difusión e posta en valor. Necesitamos incorporar novas vocacións, e tamén que o mercado demande un producto tan simbólico para Compostela”.
Pola súa banda, Miguel Fernández, da S.D. Compostela, destacou que “cando nos fixeron o plantexamento desde o gremio, non puidemos decir que non. O Compos ten que ser un estandarte da cidade, e poucas cousas son máis picheleiras que os ourives. Estamos moi ilusionados coa iniciativa, e estamos convencidos de que sertá un éxito”.
A o acto de presentación asistiron o Director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, o Vicepresidente da Deputación provincial da Coruña, e responsable de Turismo, Xosé Regueira, e a Teniente de Alcaldesa do Concello de Santiago, María Rozas.