Entre estes personaxes de historieta non faltan nomes míticos do cómic universal como Mortadelo e Filemón, Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López, Tintín, entre moitos outros
As tradicionais figuras de cómic a tamaño real de Viñetas desde o Atlántico poden verse xa por toda A Coruña. A cidade herculina mostra desde esta mañá os emblemáticos personaxes do festival en lugares como os Xardíns de Méndez Núñez, a Praza de María Pita, o Obelisco ou o Kiosco Alfonso.
Entre estes personaxes de historieta non faltan nomes míticos do cómic universal como Mortadelo e Filemón, Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López ou Tintín, entre moitos outros.
Como novidade nesta 27ª edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, este martes, 13 de agosto, ás 13.00h, na Rúa da BD, terá lugar a inauguración dunha nova figura aínda non instalada: Gaspariño de Xaquín Marín, que presidirá as sesións do ‘Viñetas Late Night’ no Teatro Colón. Deste xeito, por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos clásicos da revista El Jueves.
LOCALIZACIÓNS DAS FIGIRAS DE CÓMIC DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO NA CORUÑA
📍 Batman – Cantón Pequeno
📍 Spiderman – Obelisco
📍 Mortadelo e Filemón – Zona Obelisco
📍 Tintín – Palexco
📍 Pitufina – Casa Museo Picasso
📍 Carpanta – Kiosco Alfoso
📍 Los Simpson – Fonte Kiosco Alfonso
📍 Esther – Entrada do Kiosco Alfonso
📍 Lucky Luke – Palco da Música dos Xardíns de Méndez Núñez
📍 Blacksad – Rúa da BD (Xardíns de Méndez Núñez)
📍 Roco Vargas – Rúa da BD (Xardíns de Méndez Núñez)
📍 Súper López – Rúa da BD (Xardíns de Méndez Núñez)
📍 Corto Maltés – Teatro Colón
📍 Gaspariño – Teatro Colón
📍 Corto Maltés II – Escenario Teatro Colón
📍 Groucho – Escenario Teatro Colón
📍 Torpedo – Rúa Durán Loriga
📍 O Príncipe Valente – Praza de María Pita
📍 Astérix e Obélix – Palacio Municipal (Praza de María Pita)
📍 Capitán Trueno – Castelo de Santo Antón
📍 Joker – Fórum Metropolitano
📍 Hellboy– Hall Centro Ágora
📍 Superman – Paso elevado de Alfonso Molina
ACTO DE INAUGURACIÓN DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024
A inauguración da 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico terá lugar este luns, 12 de agosto, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso: no acto estarán presentes a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; e o director do festival, Manel Cráneo, que estarán arroupados polos autores e autoras convidados desta nova edición de Viñetas, ademais de outros artistas participantes e entidades colaboradoras, expositores e diferentes profesionais do sector da BD galega.
O mesmo luns, a partir das 18.00h, abrirán tanto a tradicional Rúa da BD de Viñetas como as diferentes exposicións do festival. E, contra ás 21.30h, a sección Viñetas Show botará a andar no Teatro Colón co concerto ilustrado de Sangre de Muérdago, Xulia Vicente e Sekone.
VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO, 27 ANOS DUNHA CITA INTERNACIONAL DE REFERENCIA
Viñetas desde o Atlántico é o festival internacional da banda deseñada da cidade da Coruña. Organizado polo Concello da Coruña, cada mes de agosto reúne unha coidada selección de exposicións, artistas invitados, charlas, talleres, visitas guiadas, firmas e actividades paralelas, e unha feira cos expositores profesionais máis relevantes do sector, que converten A Coruña nun fervedoiro de creatividade e nun punto de encontro para amantes da banda deseñada en todas as súas acepcións e singularidades.
Con máis dun cuarto de século ás súas costas, Viñetas desde o Atlántico é unha cita de referencia a nivel internacional para o público e os profesionais, que este 2024 celebrará a súa 27ª edición do 12 ao 18 de agosto baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo. Co empeño de ofrecer unha visión o máis ampla posible do mundo da banda deseñada galega, nacional e internacional, Viñetas desde o Atlántico regresa á Coruña como un proxecto de cidade, arroupado polo sector profesional e cunha vocación de apertura a novas linguaxes, referentes e miradas. Porque A Coruña é, sen lugar a dúbidas, unha cidade de cómic.
Como novidade, o programa de Viñetas desde o Atlántico 2024 presenta unha nova estrutura, en torno a seccións especializadas orientadas aos seus diferentes públicos: Viñetas Expo, Viñetas Show, Viñetas Rúa BD, Viñetas Mini, Viñetas Ñam!, Viñetas Pro, Viñetas Inclusivas e Viñetas na Escola. As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental son as claves de Viñetas Expo, que dedicará exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos, ademais de acoller as mostras das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines presentados ao I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego, convocado este 2024.
Pola súa banda, ‘Toriyama en Galicia’ é o título da exposición colectiva que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale, da man dunha coidada selección de autoras e autores galegos como Paula Cheshire, José Domingo, Miguel Robledo ou Xulia Pisón, entre moitos outros, con ilustracións debuxadas especialmente para a mostra, ademais dunha escolma de páxinas do fanzine Onda Vital!! e outros obxectos e publicacións relacionados coa obra de Akira Toriyama.
Por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego —Gaspariño de Xaquín Marín— súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves. Como outro dos fitos destacados, cabe mencionar, tamén, que Fermin Muguruza presentará no marco de Viñetas Show, no Teatro Colón, o seu filme Black is Beltza II: Ainhoa, secuela do éxito Black is Beltza, primeira incursión do artista no cinema de animación, que se presenta de novo acompañada da versión en banda deseñada da historia, debuxada por Susanna Martín.