O PSdeG-PSOE de Arteixo solicita ao goberno da Deputación de A Coruña que atenda as reivindicacións da veciñanza de Barrañán

por 21 Noticias

O grupo municipal socialista de Arteixo acudiu onte a manifestación convocada pola Asociación de Veciños “Pedra da Salsa” de Barrañán para solicitarlle á Deputación de A Coruña que realice as obras necesarias para garantir a seguridade viaria na estrada DP-506.

Martín Seco, “Calvelo prefire confrontar co goberno provincial que darlle solucións á cidadanía arteixá”

A veciñanza da parroquia arteixá ve como o goberno local do PP levou a cabo a construción dun tramo desta senda peonil que despois renunciou a continuar pese á necesidade e preocupación dos que circulan por ela, para o voceiro do grupo municipal socialista en Arteixo, Martín Seco, “Calvelo prefire confrontar co goberno provincial que darlle solucións á cidadanía arteixá”, o voceiro arteixá declara que , “os socialistas non comprendemos esta búsqueda continúa de conflicto con outras institucións, no canto de exercer o diálogo para chegar a acordos beneficiosos para os seus administrados”

O PSdeG-PSOE de Arteixo púxose a disposición da veciñanza de Barrañán e da súa asociación veciñal para solicitar unha reunión ao goberno da Deputación Provincial e alí poder tratar as solucións necesarias para esta estrada e aqueles viandantes que circulan por ella, Martín Seco di que “espera que pronto se poda reunir a cidadanía afectada co goberno provincial e se poda dar solución a unha reivindicación xusta e necesaria”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario