Rueiros da Vila volverá captar a esencia de Caión con catro días de propostas culturas para todos os públicos

por Redacción A Coruña

José Manuel López Varela: “O programa está consolidado cunha oferta moi completa que animo a vir desfrutar a Caión”.

Mar, música, gastronomía, surf, tradición e historia. Eses son os seis elementos que Rueiros da Vila escolle para definir a vila de Caión e tamén para facer de fío condutor da ampla oferta cultural e de ocio para todos os públicos que se poderá desfrutar nesa localidade do xoves 22 ao domingo 25 de agosto.

A oficina de información turística acolleu hoxe o acto de presentación da cuarta edición dos Rueiros da Vila, un programa que, como apuntou o alcalde, “está consolidado en Caión e con boas críticas en anos anteriores” o que anima a seguir organizándoo e aumentar a oferta de eventos, concertos, obradoiros e espectáculos. José Manuel López Varela considera que Caión “é o noso buque insignia a nivel turístico” e anima a todos os públicos a “vir a Caión” para desfrutar dunha “completa programación” nunhas datas que son o “preámbulo ás festas principais dos Milagres”.  

Mahoney, en representación de Sincro, a productora que xestiona o programa, considera que “esta cuarta edición vai ser a que consolide o evento como proposta cultural destacada na Costa da Morte”. Valorou o “ambiente familiar” dos Rueiros da Vila e a “pluralidade” dunha “programación do máis nutrida”.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, haberá catro escenarios ao longo da vila nos que se realizarán os concertos, espectáculos de rúa e obradoiros: Escenario Patio(finca entre a igrexa parroquial e o paseo marítimo), Escenario Cárcere Vello (paseo marítimo), Escenario Salseiras (zona verde xunto ao acceso principal á praia) e Escenario Rueiro das Figueiras (praza Virxe dos Milagres).

Ademais dos concertos musicais, os Rueiros Pequeniñosofrecerán actividades específicas para o público infantil, cun espectáculo de clown e obradoiros de expresión artística e beatbox

A programación completarase cos Roteiros da Vila, consistentes nunha visita guiada polos puntos máis destacados de Caión. A participación en todas as actividades é gratuíta, sen necesidade de inscrición previa. 

Programación Rueiros da Vila 2024

Concertos e espectáculos musicais

Xoves 22

• 18:00 h, Escenario Salseiras. Jëan Fixx (djset).

• 20:30 h, Escenario Cárcere Vello. Tu Futura Ex Mujer.

• 22:30 h, Escenario Patio. Caamaño & Ameixeiras.

Venres 23

• 18:00 h, Escenario Salseiras. Maefield (live).

• 19:30 h, Escenario Cárcere Vello. Xenderal.

• 20:30 h, Escenario Rueiro da Figueiras. Planeta Sauvage.

• 22:30 h, Escenario Patio. Revenidos.

Sábado 24

• 14:00 h, Escenario Patio. “Cantos e contos dende a taberna”, a cargo da Asociación Cultural Arume de Caión.

• 18:00 h, Escenario Salseiras. Elrilo (djset).

• 20:30 h, Escenario Cárcere Vello. Misuria.

• 22:00 h, Escenario Patio. Carabela.

Domingo 25

• 14:00 h, Escenario Cárcere Vello. Smile.

Rueiros Pequeniños

• Xoves 22: Taller de expresión artística “Pintando rueiros”.

• Venres 23: Taller de beatbox con Xenderal.

• Domingo 25: Espectáculo de rúa co clown Arturo Cobas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario