Chocan unha moto e un motocultor con dous feridos na parroquia de Carreira, no Concello de Ribeira 

por Óscar de Souto

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribeira foron alertados dun accidente de tráfico entre unha moto e un motocultor na parroquia de Carreira, no Concello de Ribeira.

O accidente resultou con dous feridos, o condutor do motocultor foi trasladado ao Hospital da Barbanza e o condutor da moto foi evacuado en helicóptero ata o CHUS.

O operativo realizou tarefas de asistencia sanitaria e limpeza de vía.

Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario