GALP Golfo Ártabro Sur concede Axudas por 1,4 millóns de euros para o Desenvolvemento Local do sector do Mar

por 21 Noticias

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur informa da avaliación exitosa coa concesión do 75% dos proxectos presentados na convocatoria de axudas para o ano 2024, cunha inversión total de 1,4 millóns de euros. Este feito subliña o compromiso do grupo coa sostibilidade e a mellora do sector pesqueiro.

A maior parte dos proxectos foron aprobados pola Consellería do Mar, reafirmando o apoio institucional ao desenvolvemento da zona. Estes proxectos destacan pola súa orientación á innovación, mellora da trazabilidade e incremento do valor engadido dos produtos do mar, así como na mellora das instalacións e das condicións de traballo. O orzamento executado ata a data ascende a 1.521.657,48 €, un crédito moi relevante tendo en conta que sí se realizaron só dúas convocatorias do programa FEMPA. Dentro deste importe, o investimento realizado no sector pesqueiro alcanza os 744.196,77 €, representando aproximadamente o 50% do total, que é a porcentaxe esixida polos fondos FEMPA.

Desde o GALP Golfo Ártabro Sur, animamos aos promotores interesados en presentar novos proxectos a acudir ás nosas oficinas para recibir a orientación necesaria para a súa presentación, pois o grupo ten un crédito dispoñible de 2.805.662,98 € para novos proxectos. O noso compromiso co desenvolvemento sostible e a promoción de iniciativas innovadoras continúa sendo unha prioridade, co obxectivo de posicionar a rexión como un referente na pesca e na economía azul.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario