O PP esixe ao goberno local de Lugo “axilidade na contratación dos comedores escolares”

por Redacción Lugo

Cando faltan pouco máis de tres semanas  para o comezo  do curso académico segue no aire esta prestación competencia exclusiva do Concello

Os populares afirman que é preciso dar certezas ás familias que, a estas alturas, teñen que organizarse e que están preocupadas pola  falta de información que hai neste momento sobre esta prestación.

“Este tipo de contratos require dunha previsión adecuada para evitar imprevistos que prexudiquen ás familias que dependen dos comedores”.

A alarma desta preocupante situación xurde cando no punto 5 da orde do día da xunta de goberno do 31 de xullo se informa de que “por  un erro de cálculo do custe” o goberno local desiste do procedemento.

Lonxe de poñer remedio a esta situación comprobamos como na xunta de goberno que se celebra hoxe, martes 13 de agosto, non recupera este asunto para dárlle unha solución definitiva.

Pedimos máis xestión e celeridade en buscar unha solución co ánimo de trasladar unha mensaxe de tranquilidade ás familias que necesitan este servizo que interpretan este retraso como unha mostra da indiferencia de PSOE e BNG por este asunto prioritario para moitas familias lucenses.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario